0

Un corazón de vento

19sesión-6O Médico abriulle a boca e nese momento saíu unha música heroica: turururu ruruuuu!

Rosa sacou a xoia cun brazo articulado de metal. A xoia tiña forma de corazón cun rubí no centro (claro, é un dos órganos máis importantes do corpo, pensou Rosa). Descubriu que se podía abrir. Cando o abriu, un refacho de vento saíu dela. Pechouna. 

Cunha carreta abandonada e a cabeza da planta, Rosa e o médico construíron unha moto e nela ela foron buscar o Nené Choromica. 

Despois de pasar polo país de Pataca e xamón, atopárono.-Onde está a xoia?- pregúntalles.

Tiñamos pendente publicar o fragmento creado nesta penúltima sesión de Conto viaxeiro en Fontiñas, que deu para mooooito, como vedes. E seguro que tedes ganas de saber como acaba, non? Pois imos deixarvos coa intriga de novo ;) Nuns días teremos o conto xa montado e poderedes coñecer o final! Mentres, podedes imaxinar o voso propio final e deixárnolo nos comentarios!

0

E agora?

18sesión-25De novo convertida en Rosa Superheroína comezou a tusir ata cuspir a cabeza da planta carnívora. Entón pediulle ao médico, que aínda estaba alí, que lle axudase a abrir a boca da planta para sacar a xoia. 

Xa estamos rematando a historia, o luns no Colexio San Jorge Rosa conseguiu por fin a ansiada xoia máxica do poder da respiración, que fará agora? Estamos no momento máis emocionate da historia, así que a ver como continúan o conto na próxima sesión, que ha de ser o próximo venres en Fontiñas.

Por certo, aquí  tedes o debuxo escollido da sesión do luns.

0

Xoia conseguida! Ou non?

17sesión-24Tiña que loitar con ela para que lle dese a xoia. 

Primeiro probou a darlle bechiños para que abrise a boca e coller a xoia, pero non o conseguiu. Entón, usou o seu superpoder, transformouse en hipopótamo e comeu a planta carnívora.

No Rodríguez Xixirei non llo puxeron doado á rapazada do San Jorge, eh! Hoxe van ter que darlle á cachola para ver como puido facer Rosa para levarlle ao Nené choromica a xoia máxica que acaba de engulir…

Alí en Lavacolla tamén escolleron o debuxo de Luca para o conto final. Moi chulo, Luca!

0

Diante da planta carnívora

contiviaxeiro-7

Pero cando rematou, doíalle moitísimo a barriga. Non podía moverse!

Chegou un médico do País do Vento, pinchouna no brazo e, cando se recuperou, levouna diante da planta carnívora. Tiña que loitar con ela para que lle dese a xoia.

Isto estase achegando ao final e xa se nota… Rosa está cada vez máis perto da xoia máxica! a rapazada do Quiroga Palacios púxollo ben interesante á do Rodríguez Xixirei, que ten a súa quenda mañá. Que nos contarán?

0

O Reino de Cocolandia

contiviaxeiro-4267Vaia, como está este conto… De repente Rosa está a piques de chegar ao Reino do vento, pero antes tivo que pasar por unha chea de aventuras que discorreu a rapazada do CEIP de Fontiñas:

-É o himno da Alegría-Dixo Rosa.

-Siii! -Dixeron os habitates-Como o adiviñaches? Sabes moito de música! Por favor, fainos unha canción!

-Non podo, teño que ir ao reino de Cocolandia-Dixo Rosa.

E deixáronlle pasar.

Ao chegar ao reino de Cocolandia os que alí vivían propuxéronlle un novo reto: debía superar o récord de Cococomida, que consistía en comer pratos que levasen coco. Rosa comeu e comeu e superou o récord con esforzo. 

O debuxo escollido para ilustrar a sesión do día anterior foi o de Nicolás. Parabéns!

Agora a ver como continúan isto no CEIP Quiroga Palacios hoxe, xa estamos impacientes.

0

O Reino da Música

contoviaxeiro-4115-2Pero os habitantes do Reino da Música tampouco lle deixaron pasar. Debía adiviñar que peza de música estaba a soar: laaa lala lala lala lala lala laaaala…

Na sesión do mércores no San Jorge a rapazada cantou e todo!! Hoxe estreámonos en Fontiñas; a ver que nos agarda por alí…

O debuxo escollido desta volta foi o de Iván. Parabéns, Iván!