PODES DESCARGAR O TRIVIAL VIAXEIRO AQUÍ
Aquí vos presentamos outra proposta, agardamos que entretida, baseada nos contidos e as dinámicas que se desenvolven durante as sesións do conto viaxeiro. Nesta ocasión usamos o clásico xogo do Trivial adaptándoo con só catro bloques de contidos: Lingua e Literatura, Santiago de Compostela, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais. As preguntas están pensadas para rapazada de cuarto de primaria, que é o nivel que participa nesta actividade, pero estamos certos que xogando en familia ha resultar interesante e divertido para todos os públicos.
Así que nada, xa sabedes, descargádeo, imprimide e a xogar!!