Benvid@s de novo!

Que? Como foi o verán? Xa había ganiñas de voltar á rutina ou aínda botabades uns mesiños máis á ransoña?

Nós voltamos por aquí porque, por se non o lembrabades, este ano o Conto Viaxeiro anda a cabalo de dous cursos. Isto significa que a rapazada xa fixo o seu traballo creativo e agora tócanos a nós darlle os últimos retoques para vos entregar ben empaquetadiñas, en forma de libro e de videoconto, as aventuras de Valeria e Max contra os seus inimigos (ou amigos, que a cousa non quedaba clara). Si podemos adiantar que contra o final o asunto colle un camiño inesperado, sorprendente e revelador, como lle cómpre a unha boa historia curta.

Ademais do conto e o videoconto, andamos tamén a voltas cun par de argalladas das que xa saberedes no seu momento, e que habedes ter neste blog para descarga. Serán recursos que teñen a ver cos contidos cos que xogabamos nas sesións, como por exemplo a creación de espazos e  personaxes. E, falando de xogar. Botádelle un ollo a este breve vídeo de preguntas e respostas e participade (as respostas comezan a partir dos 31 segundos)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará. Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Current month ye@r day *