O Conto viaxeiro é unha iniciativa do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago para contribuír a dinamizar o uso da lingua galega nas primeiras idades, ofrecendo aos centros de ensino un recurso didáctico e lúdico: a construción dun conto colectivo.
Esta actividade componse de varias sesións, en cada unha das cales, a través de diferentes dinámicas de creación artística e literaria, vanse introducindo os elementos constituíntes do conto: lugares, personaxes, situacións, conflitos… favorecendo o coñecemento e a reflexión sobre o contorno lingüístico e cultural.
Neste blog, ademais de ir dando conta da progresión do conto e do traballo dos nenos e nenas, tamén se incorporarán propostas de utilización didáctica para as idades de referencia (primeiro e segundo ciclo de educación primaria) ás que poderá acceder libremente o profesorado e as familias.