Os petróglifos

Logo de recuperar o escudo da sabia rula, Enma e Paula son enviadas ao Castriño de Conxo para buscar unha espada no seu petróglifo. Ti sabes o que son os petróglifos? Seguro que aínda que só sexa de oídas, unha idea tela… Pero sabías que en Compostela hai varios petróglifos espallados polo concello adiante? Aquí che deixamos un xogo para que coñezas un pouco mellor cada un deles.

O primeiro que tes que facer é imprimir o taboleiro de xogo coas instrucións, as fichas e o dado e pegalos sobre cadansúa cartolina. Despois, recorta as fichas e monta o dado colando as solapas de cada lado, imprime as tarxetas informativas e mais as tarxetas de puntos de interese e recórtaas polas liñas brancas. Xúntate con dous ou tres amigos, lede con calma as instrucións e gozade do voso patrimonio!

Taboleiro

Fonte: Compostela gravada na pedra

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará. Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Current month ye@r day *