Imos pescar

A protagonista do conto viaxeiro é unha troita, un peixe que atopamos habitualmente nos ríos galegos. Sabes como son as troitas? Que outros peixes coñeces que vivan nos nosos ríos? Fuches algunha vez pescar ao río?

Por se algunha das respostas non a tes moi clara, aquí vai un xogo que che ha de axudar e co que ademais podes darlle un novo uso ás bandexiñas de poliespan que dan no supermercado con algúns produtos (mellor era que non trouxeran bandexiña, pero se a traen, antes de tirala…).

Podes xogar ti soa ou con máis xente, que seguro que é máis divertido!

Primeiro tes que imprimir esta lámina na que se recollen algúns dos peixes máis comúns no río e despois atender ás seguintes instrucións:

Titorial-imos-pescarSe xogas con máis xente, o gañador ou gañadora é aquel que máis puntos consiga segundo a puntuación que aparece na lámina “Os peixes do río”. Moita sorte e a ver se pescas unha anguía, que é a que máis puntos ten!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará. Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Current month ye@r day *