Teletransportación, bomba de purpurina, camuflaxe, podía voar, converterse en calquera animal e era inmortal.
Para iso empregaba un superconxuro:
1,2,3, Rosa ao poder
4,5,6, patas de cempés
7, 8, 9, 10!
Os poderes aparecer!!!
Xa vedes que no Pío XII souberon responder mellor que ben á pregunta que a rapazada do San José de Cluny lles deixou onte. E, por certo, escolleron o deseño de Ángela para ilustrar o conto final. Unha superheroína con vaqueiros pero, iso, si, cunha suuupercapa!
Que ganiñas de saber que pasa mañá de novo no Pío XII… Esta historia xa nos ten enganchadas!