0

Alegre, amable e un pouco traste

_DSC7870

Roi ten oito anos, é de estatura media, ten o pelo negro e a pel branca e a súa prenda favorita é un xersei de raias. É moi alegre, amable e un pouco traste. 

Así describiron o noso protagonista no Vilas Alborada que, por certo, era a primeira vez que participaba e fíxoo xenial!

Ademais de crear o fragmento de conto, escolleron o debuxo que Xulia Garea Bermúdez, do López Ferreiro, fixo de Roi. Agora si que temos protagonista!

Hoxe facemos sesión dobre en Lavacolla e estamos seguros de que a cousa vai seguir por bo camiño. Xa iremos informando…

0

Papelín xa ten historia!

Ao longo da mañá de hoxe as nenas e nenos que participaron na creación deste conto viaxeiro recibirán un exemplar en papel. Para as que non tedes esa sorte, aquí vos queda a versión online!

Moitas voltas lle deron á cabeciña e que cousa bonita fixeron!

conto montado 2016-01

 

0

E colorín, colorado…

… o conto está rematado!

O luns puxémoslle o ramo ao Conto Viaxeiro de Compostela 2016. O CEIP de Roxos foi o encargado de discurrir un final para esta historia de supereroes, alieníxenas e unhas forzas do mal de tamaño XXL que queren acabar con toda a cultura do mundo e sumilo na máis absoluta escuridade. Conseguiríano?

Pooooois… aínda vai haber que agardar un pouco antes de saber o final. Xa logo teremos o conto pronto para ler. Tede pacieeeeencia!

(Ah, esquecíamos! A rapazada de Roxos escolleu o debuxo de Rodrigo para incluír no conto final. Parabéns, Rodrigo!)