Hoxe o noso conto inda dou unha voltiña! Pola mañá volvemos ao López Ferreiro, onde a rapazada nos explicou como descubriu Papelín Papelón os seus superpoderes:
Descubriu os seus superpoderes un día que un neno foi á ducha e saíu toda a auga por fóra. Papelín mollouse, pero viu que non se destruía.
E tiveron a responsabilidade de escoller o aspecto do noso supereroe, este rolo de papel tan alegre que debuxou onte Sonia Martín Casal:
Pola tarde achegámonos ao Colexio Nosa Señora dos Remedios, onde nos contaron como se desprazaba o noso protagonista pola cidade para protexela do mal:
Entón cortou unha toalla vermella e fixo unha capa e un antifaz e comezou a desprazarse pola cidade empregando o seu túnel secreto: lanzaba un extremo de papel ao váter, tiraba pola cisterna para impulsarse polo sumidoiro e saía á rúa.
Desta volta escolleron o debuxo de Iria Toimil Estévez, do López Ferreiro:
Mañá andaremos polo CPR Divino Mestre continuando esta aventura.