Hoxe botou a andar no CEIP López Ferreiro un novo conto viaxeiro. As nenas e nenos de 4º de Primaria crearon o personaxe principal, un supereroe moi, moi familiar :D Así comeza o conto viaxeiro deste ano:
Nun superváter supercaro vive o supereroe Papelín Papelón, un rolo de papel hixiénico que protexe a cidade lanzando papel.
As compañeiras de 3º van continuar a historia mañá pola mañá e pola tarde é a quenda do Colexio Nosa Señora dos Remedios. Seguro que lle han dar moi boa traza!.