0

Queixiño López

CVCompostela1-38

Hoxe embarcamos de novo nunha aventura que xa nos enganchou! Parece que no López Ferreiro saben facer as cousas ben…

O protagonista da nosa historia é un rato que naceu dun ovo!!! Así comeza este conto viaxeiro 2015:

Queixiño López era un rato enorme de pelo punki, zapatos grandes de charón e unha paxariña azul ao pescozo. 

Queixiño López naceu dun ovo.

Non vos parece xenial? A nós xa nos tarda saber máis!

A próxima cita é o venres no CEIP Apóstolo Santiago. Na Folla de ruta recóllense as seguintes.

Loguiño han estar dispoñibles as imaxes da primeira sesión e as moitas caras deste ratiño (ou ratazo!) na Exposición virtual.

0

Xa está aquí o conto viaxeiro 2014!

Fermosísimo de comezo a fin!

Xa podedes ver todo o conto que ao longo dos meses de marzo e abril se fixo nos CEIP Apóstolo Santiago, Raíña Fabiola, Rodríguez Xixirei, Roxos, Pío XII, Ramón Cabanillas, López Ferreiro e Vite.

Parece que á xente miúda lles gustan os finais felices… Como ten que ser!

Gozádeo, que é unha marabilla:

1

E pronto tamén aquí o videoconto!

0

Fin?

16-Vite-4O pasado mércores rematamos o noso conto no CEIP de Vite. Hai ganas de saber o final, non? Poooois… Ímosvos facer as ganas un pouco máis. Non imos contarvos como acaba esta historia ata que publiquemos o conto ;) Estade antentas ao blog, que non queda nada!

Mentres tanto, podedes botarlle un ollo á exposición virtual! Hai unha chea de artistas! Entre elas Ana R.P., do CEIP Pío XII, a autora da ilustración escollida desta volta.

0

Dous tesouros

Vite-3Xa non queda nadiña para rematar o conto! Dentro dun pouco en Vite coñeceremos o final!

Cantas ganas de saber como acaba esta historia… Sobre todo despois do que fixeron onte no CEIP Pío XII:

Nese momento, o pote volveuse de ouro e dentro foron aparecendo unha man de diamantes, prata, unha copa de ouro, unha coroa, un martelo de ouro…

Entón faloulles:

-Ola, chámome Coania, son da estirpe dos mouros. Levamos aquí milleiros de anos. A nosa cultura mantívose na vosa, a vosa lingua permanece coa vosa, o galego, que conservades coma un tesouro.

Para agradecervos o que fixestes por min, douvos a escoller entre outros dous tesouros: a miña amizade eterna ou este pote.

E desta volta a ilustración escollida foi a de Diego, do CEIP de Vite. Que ben lle quedou!

0

Un conxuro revitalizante

almáciga-3

O venres estivemos por Vite discurrindo un conxuro capaz de revivir os mortos e, como era de esperar, a rapazada non defraudou coas súas dotes creativas. Mirade que ben está a quedar o noso conto:

Xuntaron todo e puxéronse a remexer o pote.

De súpeto apareceu por entre as árbores a muller do piano que, mirando fixa para a pócema, comezou a recitar un conxuro:

Baba de sapo 

corno de touro

sangue de mouro

vida de nena

futuro de lobo

e con amor conseguirás un tesouro.

Logo achegouse ao pote, bebeu un pouquiño del e inmediatamente volveu á vida.

Desta volta, o debuxo escollido foi este tan chulo de Uxía, do CEIP Ramón Cabanillas.

Hoxe no Pío XII máis! Xa non queda case nada para que remate esta aventura…