… os burros van a onde non deben ir!
Como non podía ser doutra maneira, na xornada de onte no CEIP Pío XII lembraron o Día dos enganos. Pero non só iso, porque estes miúdos tiñan unha imaxinación de medo! Mirade todo o que inventaron:
Adán non sabía nada de maxia, así que pediulle ao vello que o acompañase.
O vello, que se chamaba Xenxo, aceptou e os dous partiron dende Poza de Bar ata Casas Novas.
Pero á altura de Galeras apareceu a muller que tocaba o piano. Era unha zombi. Estaba coa curuxa da bruxa, que se chamaba Xurxa.
Díxolles que era pola dereita (pero era pola esquerda). Ese día era o 1 de abril, no que “os burros van a onde non deben ir”.
Mimadriña! Si que está complicada a cousa! A ver como fan agora Adán e Xenxo para chegar a tempo á casa número 23… Non o van ter doado hoxe en Roxos para continuar a historia…
O debuxo elixido desta volta para o conto foi o de Flavia, do Raíña Fabiola. Unha artistaza!