O colexio San Jorge non se puido estrear de mellor maneira o martes. Creatividade a esgalla e toda a atención posta en Queixiño, Toupiña e esa horta que corre moito perigo! Tanto, tanto, que pensaron que o mellor era que liscasen de alí. Mirade como continúa o conto:
Toupiña podería morrer porque a construción igual levaba condutos de auga… Tiñan que emigrar!
Decidiron mudarse coas súas familias ás hortas de Belvís.
O debuxo escollido desta volta foi o de Valeria! Noraboa!
E hoxe volvemos ao San Jorge. A ver que nos contan ;)