Papelín Papelón era un superheroe, pero non sabía nada de desactivar bombas. Entón chamou a Supertoalliña para que lle axudase a levar a bomba ao depósito de bombas que estaba nunha galaxia moi distante onde non vivía ninguén: a Galaxia Plutonio! Ían chegar alí empregando as súas botas propulsoras.
Así continuaron o conto o pasado luns as nenas e nenos do CEIP Pío XII pola mañá e do Colexio A Milagrosa pola tarde.
Moitas novidades nos trouxeron… Unha afouta compañeira para Papelín, unha galaxia descoñecida e mesmo un supercomplemento de moita utilidade: botas propulsoras! Isto ponse interesante…
Ademais, escolleron os debuxos de Ariadna do Divino Mestre e de Nuria Blanco Moure do Pío XII.
Hoxe o conto viaxa ata o Colexio San Jorge nunha sesión dobre que seguro que non decepciona.