En Vite argallouse un roubo

3_ViteO pasado mércores a sesión dobre no CEIP de Vite deu para moito…

As rapazas e rapaces de 3º de primaria remataron a introdución do noso conto cun segredo que só as pombas da catedral coñecen… (que será?) E o alumnado de 4º atreveuse a comezar o nó da historia dun xeito moi interesante: ás pombas roubáronlles a lingua!

Aquí está o texto tal e como o narraron os dous grupos:

… porque as pombas da catedral gardaban un segredo.

Pero cando chegaron á catedral unha pomba borboriñoulles que un neno lles tirara pedras e lles roubara a lingua. A todas menos a ela.

Pinta ben, non si? Pois esta rapazada tan espilida fixo ademais unhas ilustracións moi xeitosas, que podedes ver aquí e aquí. O grupo de terceiro tamén escolleu a ilustración da sesión anterior que irá no conto final, de Tais, do CEIP Apóstolo Santiago. Ao grupo de cuarto tocoulle seleccionar o debuxo que ilustra o texto da terceira sesión, que vai ser o da súa compañeira Noa

Xa logo estará dispoñible o videoconto actualizado pero, mentres tanto, ídelle botándolle un ollo ás imaxes da xornada en Vite.

2 comentarios en “En Vite argallouse un roubo

  1. Foi unha xornada fermosa! Canto dá de si o traballo en equipo ben dirixido: sae toda a creatividade que todos e todas levamos dentro e brotan as palabras e as expresións máis fermosas…
    Grazas pola vosa colaboración.

Deixa una resposta a contoviaxeiro Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará. Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Current month ye@r day *