Rosa vivía na galaxia Bombai, no país Multicolor, no castelo de larpeiradas.
Pola mañá alomorzaba magdalenas con nubes, poñía o traxe especial e ía ver se o seu gato robot detectara algún perigo na Terra. Se non había ningún perigo, ía xogar. Despois comía unha torta con pebidas que a poñían superforte e volvía loitar contra o crime ata a noite. Sempre na compaña do coello Maro Boli, que tiña unha pistola de cenorias.
Non quedades pampos co que discurre esta xente do Pío XII? Mañá andaremos de novo polo San José de Cluny coñecendo un pouco máis a esta Super Rosa e ao seu compañeiro de aventuras.
Por certo, desta volta o deseño elixido foi o de Candela H. R. Parabéns!