Rosa entrou no Reino da Moda, pero os seus habitantes non querían deixala pasar. Dicían que non ía vestida como unha muller. Debía pór saia, roupa cinguida, zapatos de tacón…
A Raíña da Moda díxolle que tiña que percorrer o reino para atopar a roupa adecuada. Despois debía desfilar diante dos habitantes para que decidisen se podía pasar ao seguinte reino.
Pero Rosa díxolle: “Eu xa teño roupa de muller, non teño que andar polo reino adiante para buscar unha roupa incómoda, eu teño unha misión. E ademais, sabedes que? Eu podo voar!” E marchou voando.
Voar, voamos nós onte no Lamas de Abade mentres escoitabamos as pequenas contarnos estas cousas… Que cabeciñas…
Hoxe imos andar polo Ramón Cabanillas de novo. A ver que nos agarda no Reino Animal…
O debuxo escollido desta volta foi o de Anxo. Parabéns por ese rei dos vexetais tan simpático!