De novo convertida en Rosa Superheroína comezou a tusir ata cuspir a cabeza da planta carnívora. Entón pediulle ao médico, que aínda estaba alí, que lle axudase a abrir a boca da planta para sacar a xoia.
Xa estamos rematando a historia, o luns no Colexio San Jorge Rosa conseguiu por fin a ansiada xoia máxica do poder da respiración, que fará agora? Estamos no momento máis emocionate da historia, así que a ver como continúan o conto na próxima sesión, que ha de ser o próximo venres en Fontiñas.
Por certo, aquí tedes o debuxo escollido da sesión do luns.