A rapazada do Apóstolo Santiago fixo o que tiña que facer e ademais fíxoo de marabilla! Xa temos protagonista! Un ourive moi rideiro que percorre as rúas de Compostela en patinete e que ademais cociña que dá gusto… Así é como comeza este conto viaxeiro:
Adán era un ourive moi alegre que andaba en patinete e gustáballe cociñar.
Xa logo poderedes verlle a cara a Adán nas ilustracións que fixeron as rapazas e rapaces do Apóstolo Santiago -a nós deixáronnos abraiados- e seguir as imaxes do proceso creativo.
Hai ganiñas de saber máis, non si? Pois a ver que nos contan hoxe no Raíña Fabiola…
Ata a volta!