0

Papelín xa é indestrutible!

Hoxe o noso conto inda dou unha voltiña! Pola mañá volvemos ao López Ferreiro, onde a rapazada nos explicou como descubriu Papelín Papelón os seus superpoderes:

Descubriu os seus superpoderes un día que un neno foi á ducha e saíu toda a auga por fóra. Papelín mollouse, pero viu que non se destruía.

E tiveron a responsabilidade de escoller o aspecto do noso supereroe, este rolo de papel tan alegre que debuxou onte Sonia Martín Casal:

Pola tarde achegámonos ao Colexio Nosa Señora dos Remedios, onde nos contaron como se desprazaba o noso protagonista pola cidade para protexela do mal:

Entón cortou unha toalla vermella e fixo unha capa e un antifaz e comezou a desprazarse pola cidade empregando o seu túnel secreto: lanzaba un extremo de papel ao váter, tiraba pola cisterna para impulsarse polo sumidoiro e saía á rúa.

Desta volta escolleron o debuxo de Iria Toimil Estévez, do López Ferreiro:

Mañá andaremos polo CPR Divino Mestre continuando esta aventura.

0

Comeza o Conto viaxeiro 2016!

DSC_0315DSC_0315

Hoxe botou a andar no CEIP López Ferreiro un novo conto viaxeiro. As nenas e nenos de 4º de Primaria crearon o personaxe principal, un supereroe moi, moi familiar :D  Así comeza o conto viaxeiro deste ano:

Nun superváter supercaro vive o supereroe Papelín Papelón, un rolo de papel hixiénico que protexe a cidade lanzando papel.

As compañeiras de 3º van continuar a historia mañá pola mañá e pola tarde é a quenda do Colexio Nosa Señora dos Remedios. Seguro que lle han dar moi boa traza!.

0

Coñecemos o home misterioso

14SanPaioEnma-9No Colexio San Paio – Enma desenmascaramos por fin o home misterioso:

Nese momento apareceu un raposo con aspecto de home, alto, laranxa, peludo e salvaxe. Era o “home misterioso”.
Correu cara a Toupiña para enfeitizala, pero Queixiño púxoselle diante e atallouno.
Mentres, Toupiña empezou a berrar un conxuro en toupí: ta tu to la pa tu ti tuturutu.

O debuxo que escolleron foi o de Arturo. Será un dos que ilustre o conto final :).

Hoxe a nosa viaxe chega ao final no Apóstolo Santiago. Alí coñeceremos o desenlace desta aventura que nos ten a todas en vilo! A que final nos teñen preparado por alá pola Almáciga…