0

Toupiando

DSC_4050No Compañía de María contáronnos como foi a negociación:

Faláronlles na lingua das máquinas: rum, rum, brum, bruuum, pi pi, rrrrrrrrrrr…. Pero elas non facían caso. Daquela Toupiña ofreceulles os seus cartos e as escavadoras contestaron en toupí dicindo que non podían parar, que en realidade eran toupas que o señor misterioso convertera en máquinas cun feitizo malvado. Tiñan que detelo!

Vaia sorpresa, non?

Ademais, escolleron o debuxo de Sara D. para ir no conto final. Moi chulo, Sara!

Hoxe volvemos ao San Paio – Enma para que nos digan como fixeron para frear ese home misterioso que tanto está a complicar as cousas na horta.

0

Cómpre negociar

DSC_3494O venres estivemos no Rodríguez Xixirei, onde se levou a cabo o plan deseñado na Inmaculada. Queredes saber como foi? Pois aquí o tedes:

Unha vez formado o equipo, correron a levar a cabo o plan. 

Tiráronlles pedras aos cristais, pero non deu resultado porque os cristais eran moi duros e eles non tiñan tanta forza.

Tampouco puideron cortarlles os cables porque se deron conta de que non tiñan nada para cortar.

Entón os corvos falaron con elas para tentar chegar a un acordo.

E desta volta o debuxo de Paloma foi o escollido. Parabéns!

Hoxe visitamos de novo o Colexio plurilingüe Compañía de María. Que inventarán por alí?

0

Traballo en equipo

DSC_3406

O martes estivemos no Colexio A Inmaculada e viñemos cunha chea de novidades. Mirade canto avanzou o conto:

Entre todos os animais acordaron formar un equipo para enfrontarse ás escavadoras.
Escolleron a Queixiño polo seu tamaño, á toupa porque podía escavar na terra, ás bolboretas porque voaban e podían avisar os outros animais e aos corvos porque podían traducir todos os idiomas.
O plan para parar as escavadoras era este:
Primeiro ían romperlles os cristais para que non visen.
Despois ían cortarlles os cables.
Se aínda así non paraban, farían un trato con eles pagándolles co diñeiro de Toupiña.

Esas cabeciñas non teñen parada…

O debuxo escollido foi o de Ester con esta escavadora tan viva :)

Hoxe volvemos a Lavacolla… A ver que contan por aquelas terras…

0

Excavadoras vivintes en Lavacolla

1oRodríguezXixirei-1Ao vela tan temerosa Queixiño e Toupiña non escaparon, deixaron que sentase con eles. Así tranquilizouse tanto que ata foi a moderadora da asemblea. Os corvos fixeron de intérpretes.

Unha bolboreta dixo que non ía quedar unha horta en pé, porque a cidade estaba a ser invadida por unhas excavadoras vivas, que fixeran un trato co señor misterioso para construír unha cidade subterránea.

Xa vedes que por Lavacolla o que sobra é imaxinación… :) Isto ponse moi, moi interesante!!!

As rapazas e rapaces do Rodríguez Xixirei, ademais de inventar historias chulas, tamén escolleron a ilustración da sesión anterior, a de Julia. Parabéns, Julia!

Hoxe imos visitar o Colexio A Inmaculada. Vai ser a primeira vez, pero seguro que se estrean como é debido. Xa daremos conta!

0

Asemblea multitudinaria

9Enma-SanPaio-3O colexio San Paio-Enma debe ter un grande poder de convocatoria :) Mirade se non que xuntanza tan multitudinaria (e dispar) montaron en Belvís:

Na reunión había xoaniñas, lesmas, caracois, corvos, miñocas, bolboretas, abellas, formigas… e incluso apareceu a cobra temerosa, que se achegou con coidado a Queixiño e Toupiña e díxolles: “Estou moi asustada porque teño medo de que me atropelen”. 

E tamén elixiron o debuxo de Sergio, do colexio San Jorge, para ir no conto final. Vese que a este rapaz lle deben de gustar as paleadoras, porque as debuxa ben, ben!

Hoxe imos andar por Lavacolla. Seguro que volvemos cunha chea de novidades!

0

Unha mansión con piscina

8SanJorge-7Polo camiño, Queixiño e Toupiña adiantáronse para coñecer o terreo, pero cando chegaron atoparon unhas excavadoras enormes e un rebumbio de animais alporizados. Tamén as estaban a destruír para facer unha mansión dun señor misterioso.

Xa se podía ver a piscina, onde había varias toupas afogadas.

Acordaron facer unha gran xuntanza de todos os animais para buscar unha solución.

Así continúa esta historia logo de pasar de volta polo Colexio San Jorge. Vaise pondo cada día máis interesante, non vos parece?

O debuxo escollido desta vez foi o de Aldán Loureiro Castelao. Mirade que chulada!

E hoxe viaxamos ata o Colexio San Paio-Enma. Xa nos tarda coñecer o que se falou nesa xuntanza tan plural :)