Ao vela tan temerosa Queixiño e Toupiña non escaparon, deixaron que sentase con eles. Así tranquilizouse tanto que ata foi a moderadora da asemblea. Os corvos fixeron de intérpretes.
Unha bolboreta dixo que non ía quedar unha horta en pé, porque a cidade estaba a ser invadida por unhas excavadoras vivas, que fixeran un trato co señor misterioso para construír unha cidade subterránea.
Xa vedes que por Lavacolla o que sobra é imaxinación… :) Isto ponse moi, moi interesante!!!
As rapazas e rapaces do Rodríguez Xixirei, ademais de inventar historias chulas, tamén escolleron a ilustración da sesión anterior, a de Julia. Parabéns, Julia!
Hoxe imos visitar o Colexio A Inmaculada. Vai ser a primeira vez, pero seguro que se estrean como é debido. Xa daremos conta!