O colexio San Paio-Enma debe ter un grande poder de convocatoria :) Mirade se non que xuntanza tan multitudinaria (e dispar) montaron en Belvís:
Na reunión había xoaniñas, lesmas, caracois, corvos, miñocas, bolboretas, abellas, formigas… e incluso apareceu a cobra temerosa, que se achegou con coidado a Queixiño e Toupiña e díxolles: “Estou moi asustada porque teño medo de que me atropelen”.
E tamén elixiron o debuxo de Sergio, do colexio San Jorge, para ir no conto final. Vese que a este rapaz lle deben de gustar as paleadoras, porque as debuxa ben, ben!
Hoxe imos andar por Lavacolla. Seguro que volvemos cunha chea de novidades!