0

Obrigados a emigrar

7SanJorge-8O colexio San Jorge non se puido estrear de mellor maneira o martes. Creatividade a esgalla e toda a atención posta en Queixiño, Toupiña e esa horta que corre moito perigo! Tanto, tanto, que pensaron que o mellor era que liscasen de alí. Mirade como continúa o conto:

Toupiña podería morrer porque a construción igual levaba condutos de auga… Tiñan que emigrar!

Decidiron mudarse coas súas familias ás hortas de Belvís.

O debuxo escollido desta volta foi o de Valeria! Noraboa!

E hoxe volvemos ao San Jorge. A ver que nos contan ;)

0

A horta está en perigo

5Roxos-2

A última xornada en Roxos deu moito de si! A rapazada estaba creativa e discurriron un mundo. Así continuaron o conto:

Non sabían que tiña máis medo a cobra ca eles…

Unha mañá, cando Rocío Fraguela, a muller máis avarenta de todo Compostela, estaba na horta plantando cenorias, ocorréuselle vender a casa e a horta a uns señores que querían destruír todo e facer enriba unha construción.

Mmmmmm… Isto estase poñendo interesante…

A ilustración escollida foi a de Alejandro. Parabéns por esas cenorias tan inspiradoras :)

Hoxe imos visitar por primeira vez o Colexio San Jorge. Seguro que alí saben o que van facer Queixiño e Toupiña ao saber as intencións da dona da horta.

Xa daremos conta!

0

Unha cobra que ten medo

5CiaMaría-8A estrea do Compañía de María o martes non puido ser mellor. A cativada divertiuse e traballou con xeito. O noso conto continúa así:

Pasaban horas á leria na horta de Rocío Fraguela, onde vivían, e corrían a agocharse cando aparecía a cobra temerosa.

Que horta será esa? Cara a onde quedará? Quen será esa Rocío? E a cobra temerosa, se é temerosa, que mal ten? Buf, cantas cousas quedan por saber…

Mañá habemos dar resposta a algunhas en Roxos de novo. Xa contaremos…

O martes tamén escolleron o debuxo da sesión anterior, o de Hugo Pazos. Parabéns, Hugo, quedouche moi chulo!

0

Dúas linguas

4Roxos-3

Éche ben certo iso de que cando dúas persoas se queren entender, enténdense! E quen di persoas, di ratos e toupas ;) Sábeno ben en Roxos… Mirade como seguiron o conto:

E iso que botaba moi pouco tempo fóra… Só saía de debaixo da terra para falar con Queixiño. Ela falaba na lingua das toupas, toupí, e Queixiño falaba ratonio, a lingua dos ratos. Mais entendíanse, porque eran tan amigos que un aprendeu o idioma do outro.

E escolleron este debuxo tan feito de Nuria García Martínez.

Mañá imos visitar por primeira vez o Colexio Plurilingüe Compañía de María. A ver que aventura nos teñen preparada por alí…

0

Toupiña Vázquez Remollón

Sesión3-4

O rato era vinculeiro, pero tiña unha amiga que era coma unha irmá para el: Toupiña Vázquez Remollón, unha toupa pequeniña que sempre levaba unha bolsiña con cartos. Nunca a esquecía na casa.

Así continuaron o conto as nenas e nenos do López Ferreiro este martes. Parece que un novo personaxe vai acompañar a Queixiño López nesta aventura… A cousa promete moito!

E sabemos tamén cal é a ilustración escollida de entre as que se fixeron no Santiago Apóstolo na segunda sesión: esta galiña laranxa que tece un ovo branco coma a neve e que fixo Nuno. Parabéns!

Traballa ben esta rapazada… Queredes velos en acción? Dade unha volta polo apartado de fotos, que xa están publicadas as das tres primeiras sesións.

Mañá imos andar por Roxos… A ver que discorren por alá… Xa contaremos…

Mentres tanto, podedes botarlle un ollo a este conto que tamén fala dunha toupiña ;)

0

Desafiando as leis da natureza…

sin título-14O pasado venres as rapazas e rapaces do CEIP Apóstolo Santiago sacaron as súas artes de contar contos e fixeron un casamento ben curioso… Claro! Por iso Queixiño López é tan especial:

Era fillo dun rato que casou cunha galiña de la. A galiña calcetou un ovo moi grande do que naceu Queixiño.

Ademais, escolleron a ilustración que irá no conto final de entre todas as que fixeron no López Ferreiro, así que o noso rato xa ten cara! O debuxo gañador é este tan chulo de Rosario.

Mañá volvemos ao López Ferreiro con moitas ganas de máis!!