O noso conto empeza a coller ás! Tantas que xa chegou ata a Selva Negra, no Monte Pedroso. Alí é onde as nenas e nenos do CEIP Raíña Fabiola enviaron ao noso protagonista, o alegre Adán:
Un día foi á Selva Negra mirar a ver se atopaba ouro.
Ademais, escolleron a ilustración para o conto final de entre as que fixo o alumnado do Apóstolo Santiago, a de Mara. Que vos parece? Está ben guapa! As outras tampouco quedan atrás… Xa podedes velas todas na exposición virtual. E tamén as fotografías que lles sacamos aos rapaces ao longo da xornada.
Hoxe o conto viaxa ata Lavacolla, ao CEIP Rodríguez Xixirei. A ver o que argallan por aquelas terras…