Na busca do tesouro en Santa Marta

10_CSC Santa MartaRodrigo e Salomé uniron forzas o pasado xoves no Centro Sociocultural de Santa Marta para atopar o tesouro das pombas da catedral que poñía fin ao noso conto viaxeiro. E abofé que o atoparon! Queredes saber cal é? Pois ímonos facer de rogar un pouquiño… moi pouquiño… En breve estará publicado o conto e actualizado o videoconto e xa poderedes ver como acabou esta aventura. Estamos seguras de que ides gustar!

Mentres podedes dar unha voltiña pola sección de fotos e ver como transcorreron as últimas sesións, ou abraiar coas ilustracións que fixeron os rapaces. Por certo, Salomé e Rodrigo escolleron para o conto final o debuxo de Inés Leila Mebdoua, do CSC de Vite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará. Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Current month ye@r day *