Onte no CEIP Ramón Cabanillas a rapazada traballou duro para narrarnos o encontro entre os dous protagonistas e a bruxa de Casas Novas. Este é o resultado:
Miraron a un lado e a outro, pero non viron a bruxa.
De súpeto escoitaron ás súas costas: -Ola, Adán; Ola, Xenxo. Viráronse e viron a muller do piano.
Pero realmente era a bruxa que se apoderara do corpo da rapaza para enganar a Adán e Xenxo e coller o peite dourado. Porque era un peite máxico.
Adán e Xenxo desconfiaron de que era a bruxa porque non tocaba o piano e falaba moito coa curuxa da bruxa. Cando estaban case seguros de que era a bruxa e non a rapaza, a curuxa intentou coller o peite. Entón Adán e Xenxo saíron correndo.
Claro! Isto explica que a muller do piano os mandara polo camiño que non era… Mira que é pillabana esta bruxa…
O debuxo que escolleron da sesión anterior é o de Lois, do CEIP Rodríguez Xixirei. Xa nos tiña a nós pinta de artista o Lois…
Hoxe o conto continúa no CEIP López Ferreiro cos rapaces e rapazas de 1º de Primaria. Quen sabe o rumbo que lle darán a esta historia…