Cando ían cruzar o paso de peóns que hai a pé da súa casa, notaron que ao mirar para o semáforo, este esvaecíase lentamente. E as raias do chan tamén desaparecían!
Non podían cruzar a rúa. Como ían chegar ao colexio?
Continuaron pola beirarrúa ata o seguinte semáforo, pero a situación era a mesma. Miraron arredor e viron que os sinais de tráfico botaban a andar e marchaban.
Este é o relato da rapazada de 1º do Monte dos Postes. Nas dúas sesións inventaron, ilustraron e gravaron esta escena de caos circulatorio que nos achega ao no desta historia. Hoxe voltamos ao Vilas Alborada e agardamos que nos axuden a descubrir o que está a pasar.
Os debuxos escollidos nesta ocasión foron o de Alexandre, do Rodríguez Xixirei e mais o de Xabi, do Monte dos Postes. Vaia artistazas!!