A rapazada do Vilas Alborada decidiu que os sinais de tráfico debían rebelarse e contóunolo así:
Seguíronos ata a Alameda e descubriron que os sinais fuxiran porque estaban fartos de que os vehículos e os peóns non lles fixesen caso: os peóns cruzaban en vermello e os coches saltaban os sinais de velocidade e os pasos de peóns.
E ademais de darlle este xeito tan chulo ao conto, escolleron o debuxo de Antía, do Monte dos Postes, para ir no conto final. Parabéns, Antía!
Hoxe voltamos ao López Ferreiro, a ver se alí acalman un pouco estes rebeldes… ou non ;)