As nenas e nenos do López Ferreiro engadiron máis detalles e apoios á protesta dos sinais. Na Alameda xa non debía coller nin unha agulla! Mirade como segue o conto!
Así llo contou o sinal de STOP da porta do seu colexio. Recoñecérono no medio dos outros porque o pintaran todo de moitas cores: vermello, laranxa, azul, violeta…
Detrás dos sinais estaban os semáforos e as raias dos pasos de peóns, pero tamén as aves e as árbores.
Que ben o está a facer esta xente miúda!
Hoxe e mañá imos andar polo San Paio-Enma para coñecer como se resolve toda esta lea que ten paralizada a cidade.
O debuxo escollido na sesión de hoxe foi o de Carla, do Vilas Alborada. Que chulísimo!