Aquela mañá Rosa escoitou a sirena do gato robot. Foi correndo á cociña colleu unha magdalena de nube e un anaco de torta de pebidas. Puxo o seu traxe e, no gato robot, viu que o Nené Choromica estaba inundando o castelo.
E agora? Que fará Rosa? E Maro Boli? Por que Nené Choromica quere anegar o castelo?
Seguro que imos coñecer a resposta a algunha destas cuestións mañá no Pío XII de novo!
Na xornada do luns, tamén no Pío XII, a rapazada de 3º, ademais de inventar esa inundación sorpresa, tamén escolleu o debuxo de Beltrán. Parabéns, Beltrán!