Viu que xa estaba alí o coello Maro Boli e que lle lanzara unha cenoria para telo entretido. Rosa tenta falar con Nené Choromica e este confésalle que se comporta mal e chora porque dunha vez que Rosa salvara a terra, seus pais morreran pola súa culpa.
Así continuaron o conto os rapaces de 3º do CEIP Pio XII! Deixáronlle unha historia ben emocionante para que continúen os seus compañeiros hoxe, non vos parece?
Ademais diso, escolleron o debuxo de Lía del Río.