As rapazas que nos agardaban o mércores pola tarde en Vite demostraron ter moita man para a poesía. Queredes saber por que? Pois mirade con que lirismo continuaron o conto:
Pero cando chegaron ao petróglifo, enriba dunha espada estaba a sabia rula, que empezou a cantar:
Se a lingua das pombas queredes recuperar
a espada e o escudo tedes que deixar,
a lingua intentar practicar
para podela falar.
E de contado Enma e Paula marcharon para a catedral.
E non só iso, tamén fixeron o seu debuxo correspondente e escolleron o da sesión anterior, o de Marta Figueiras Garabal, do CEIP Rodríguez Xixirei.
Xa non queda nada para o final do conto… Este xoves, ás 18:30h, no CSC de Santa Marta, saberemos en que dá todo isto…