Creando xunt@s. Participa no sorteo!!

As nenas e nenos do Vilas Alborada describíronnos unha parte moi importante da casa de Max e deixaron a cousa a punto para que pasase algo. De inventar ese “algo” ocupouse a rapazada de 4º A e 4º B do cole de Vite:

de repente escoitamos o seu pai falando con alguén cunha voz estraña.

Parecía coma se falase un extraterrestre. E iso que Max coñecía todos os idiomas do mundo.

-Gahtuydhipn!

Non se entendía nada!

O pai de Max ofreceulle un vaso de auga. Escoitamos pasos cada vez máis preto. Puxémonos moi nerviosos. Saímos para ver que pasaba pero non atopamos ninguén.

O Conto Viaxeiro é unha actividade esencialmente colaborativa, non só entre os diferentes coles senón tamén entre a propia rapazada dunha mesma aula, que debe inventar en grupo o fragmento que lle toque (só a ilustración é individual).

Outra parte importante é a oralidade, porque pensamos que a creatividade coa lingua flúe mellor deste xeito ca poñéndonos de inicio ante unha pantalla ou un folio en branco.

No seguinte vídeo podedes ver a rapazada discutindo as súas propostas e tamén algunha práctica de contacontos que fan antes de se poñeren coa historia de Max e Valeria. Por certo (acaba de ocorrérsenos), ides ver un rapaz que se chama Mateo contándonos o inicio dunha historia que se lle ocorreu; queredes xogar vós tamén? Probade a continuar a súa historia ao voso xeito e, se vos parece, mandádenos o resultado a través da canle de comentarios desta entrada. Participando entrades no sorteo dun lote de fermosos agasallos, cortesía do Departamento de Lingua do Concello de Compostela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará. Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Current month ye@r day *