Que lemos?

Xa vos temos contado que no inicio de cada obradoiro, para guiar un pouco a rapazada e empezar con bo pé, adoitamos ler en alto fragmentos escollidos dalgunhas obras, como por exemplo das aventuras de Harry Potter editadas por Galaxia. Outros libros que usamos, e que nos permitimos recomendarvos se non os lestes, son os seguintes

Garantímosvos o éxito e uns momentos moi divertidos se dedicades uns minutos, polo menos de cando en vez, a lerdes xuntos estas e outras historias das que vos iremos falando en vindeiras entradas. Por moito que chegados a unha idade as nenas e nenos xa saiban ler sos, iso non quita que non lles encante que as nais e pais lles sigades lendo, ou ler elas e eles para vós (pór voces esaxerando os caracteres dos personaxes pode ser esgotador, pero tamén moi, moi divertido).

E non esquezades que en galego tedes unha enorme oferta de libros que lle encantan á rapazada, aínda que ás veces poidan estar un pouco menos visibles nas librería e poidan ser un pouco máis difíciles de atopar. O futuro da nosa lingua e a súa transmisión interxeracional tamén dependen de que todas e todos poñamos un pouquechiño da nosa parte.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará. Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Current month ye@r day *