0

O Reino da Música

contoviaxeiro-4115-2Pero os habitantes do Reino da Música tampouco lle deixaron pasar. Debía adiviñar que peza de música estaba a soar: laaa lala lala lala lala lala laaaala…

Na sesión do mércores no San Jorge a rapazada cantou e todo!! Hoxe estreámonos en Fontiñas; a ver que nos agarda por alí…

O debuxo escollido desta volta foi o de Iván. Parabéns, Iván!

0

O Reino Animal

contoviaxeiro-3951Co gato robot e o coello Maro Boli chegou voando ata o Reino Animal.

Ao chegar viu que todos os habitantes eran medio humano – medio animal. 

O rei Oso chegou e díxolle que se non era medio animal non podía pasar. Para iso, non servía o seu superpoder; tiña que percorrer o Reino todo e atopar as pocións que debía tomar para ser só medio animal.

Rosa atopounas todas, mesmo a última, que estaba na boca dun dinosaurio, e atravesou o Reino Animal.

Cando entrou no Reino da Música xa era de novo Rosa Superheroína.

Rosa seguiu o seu camiño no Ramón Cabanillas con este fragmento que fala de pocións, dinosaurios e animais extraños. Como nos está gustando este conto…

O debuxo escollido esta vez foi o de Alejandra. Parabéns por esa Rosa voadora!

Hoxe no San Jorge agárdanos a rapazada de 1º para discurrir que puido pasar no Reino da Música. Alá imos!

0

O Reino da Moda

contoviaxeiro-3852Rosa entrou no Reino da Moda, pero os seus habitantes non querían deixala pasar. Dicían que non ía vestida como unha muller. Debía pór saia, roupa cinguida, zapatos de tacón…

A Raíña da Moda díxolle que tiña que percorrer o reino para atopar a roupa adecuada. Despois debía desfilar diante dos habitantes para que decidisen se podía pasar ao seguinte reino.

Pero Rosa díxolle: “Eu xa teño roupa de muller, non teño que andar polo reino adiante para buscar unha roupa incómoda, eu teño unha misión. E ademais, sabedes que? Eu podo voar!” E marchou voando.

Voar, voamos nós onte no Lamas de Abade mentres escoitabamos as pequenas contarnos estas cousas… Que cabeciñas…

Hoxe imos andar polo Ramón Cabanillas de novo. A ver que nos agarda no Reino Animal…

O debuxo escollido desta volta foi o de Anxo. Parabéns por ese rei dos vexetais tan simpático!

0

O Reino Vexetal

contoviaxeiro-3689… “sandías lanzapebidas”, “chiles megapicantes”, “mandarinas expremedoras”… Ao velos, Rosa lembrou que cando ela era pequena, súa nai, que sabía moito de vexetais, ensinárallos todos. Foi dicindo o seu nome un a un e os habitantes do Reino Vexetal aplaudíronlle abraiados. Pedíronlle que fose a súa raíña, pero ela dixo que non, que tiña que ir ao País do Vento buscar a xoia máxica do poder da respiración. Nese momento chegou o Rei dos vexetais e abriulle as portas do reino para que pasara.

As miúdas do Ramón Cabanillas foron as responsables de artellar este anaquiño de historia para contarnos como Rosa conseguiu atravesar o Reino Vexetal. Hoxe entraremos no Reino da Moda coa rapazada de segundo do Lamas de Abade. A ver que nos teñen preparado por alí…

Onte escolleron o debuxo  de Sergio Gamás, do Pío XII. Parabéns, Sergio!

0

Cinco reinos

contoviaxeiro-3634Entón Rosa foi ao seu laboratorio secreto, acendeu o seu súper ordenador Octopus e buscou información sobre o camiño desde o país Multicolor ata o país do Vento. Descubriu que tiña que pasar por cinco reinos: Reino Vexetal, Reino da Moda, Reino Animal, Reino da Música e Reino de Cocolandia.

Avisou ao Gato Robot e a Maro Boli e dirixiuse a buscar o material da viaxe. Colleu roupa para cinco días e 10 “lambeuros”.

Foi ao Reino Vexetal, pero ao chegar deuse conta de que tiña que superar unha proba para pasar: os habitantes amosáronlle vexetais descoñecidos para ela e tiña que adiviñar o seu nome: “coles brillantes”, “brocosaltarinas”…

Buf! Esta xente do Pío XII case nos acaba o conto antes de tempo… :D :D E que xeitazo lle deron! Moi bo traballo! O debuxo escollido da sesión anterior foi o de Alexandra Rial. Parabéns!

Hoxe imos estar por primeira vez este ano no Ramón Cabanillas e con eles imos pasar o ecuador deste conto que nos ten namorados…

0

O país do vento

contoviaxeiro-3453A superheroína non sabía que facer, non tiña nin idea de que era aquela xoia…

Foi correndo preguntarlle ao seu gato robot e el díxolle que a xoia máxica do poder da respiración estaba dentro dunha planta carnívora, no bosque encantado, no país do vento…

Así continuou o conto en Lamas de Abade, o gato robot de Rosa guiouna para atopar a xoia máxica do poder da respiración, despois de que onte o Nené Choromica nos deixase a todos preguntándonos onde estaría.

Ademais, tamén escolleron o debuxo de Olivia para ilustrar a o conto da sesión anterior. A ver como continúan a historia hoxe no Pío XII, que a cousa está ben emocionante.