0

Xa non se pode vivir aquí!

contoviaxeiro-3289Maro Boli fixo que Rosa acordase, pero xa era demasiado tarde e o Castelo estaba desfeito: o chocolato derretido, as lambetadas abertas, as nubes molladas… Rosa exclamou enfadada:

-Xa non se pode vivir aquí!!

O Nené Chormica mirou para Rosa e botou pola boca unha pequena piruleta. Despois fuxiu.

Rosa viu que no envoltorio había unha nota que dicía:

“Se non queres loitar comigo, tráeme aquí a xoia máxica do poder da respiración.

Asinado: o teu inimigo o Nené Choromica”.

Vaia día máis intenso o deste venres no CEIP Lamas de Abade, a rapazada do Castiñeiriño deulle unha reviravolta á historia e decidiu que  Nené Choromica, ademais de ser un lambón de moito coidado, está claro que non lle perdoa á nosa superheroina e agora pídelle unha cousa moi estraña.

A ver como continúan isto os seus compañeiros do Lamas de Abade…

 

0

Comeuno

contoviaxeiro-3183Ao oír isto, Rosa quedou paralizada e Nené Choromica aproveitou para comer o seu castelo de larpeiradas.

E volvimos un día máis ao CEIP Pío XII para continuar a nosa historia, que estaba nun punto vibrante. Coma todos estes días, estes nenos de Poza de Bar non decepcionaron e sacaron da manga este xiro tan simpático.

O debuxo elexido de hoxe foi este de Sara Fernández. Parabéns!

0

Unha traxedia

Viu que xa estaba alí o coello Maro Boli e que lle lanzara unha cenoria para telo entretido. Rosa tenta falar con Nené Choromica e este confésalle que se comporta mal e chora porque dunha vez que Rosa salvara a terra, seus pais morreran pola súa culpa.

contoviaxeiro-3066

Así continuaron o conto os rapaces de 3º do CEIP Pio XII! Deixáronlle unha historia ben emocionante para que continúen os seus compañeiros hoxe, non vos parece?

Ademais diso, escolleron o debuxo de Lía del Río.

0

Un mar de bágoas

contoviaxeiro-3007Aquela mañá Rosa escoitou a sirena do gato robot. Foi correndo á cociña colleu unha magdalena de nube e un anaco de torta de pebidas. Puxo o seu traxe e, no gato robot, viu que o Nené Choromica estaba inundando o castelo.

E agora? Que fará Rosa? E Maro Boli? Por que Nené Choromica quere anegar o castelo?

Seguro que imos coñecer a resposta a algunha destas cuestións mañá no Pío XII de novo!

Na xornada do luns, tamén no Pío XII, a rapazada de 3º, ademais de inventar esa inundación sorpresa, tamén escolleu o debuxo de Beltrán. Parabéns, Beltrán!

0

Nené Choromica

contoviaxeiro-2919Coñecéronse loitando contra o Nené Choromica, que tiña unha pistola de auga que recargaba cando choraba.

A rapazada do San José de Cluny volveu darlle ben á cachola e así coma quen non quere a cousa temos un personaxe máis e parece que desta volta non é moi amigable que se diga… Xa veremos mañá que pasa de novo no Pío XII.

O debuxo escollido nesta ocasión foi o de Helena Martínez! Vaia coelliño máis chulo!

 

0

O coello Maro Boli

contoviaxeiro-2777Rosa vivía na galaxia Bombai, no país Multicolor, no castelo de larpeiradas.

Pola mañá alomorzaba magdalenas con nubes, poñía o traxe especial e ía ver se o seu gato robot detectara algún perigo na Terra. Se non había ningún perigo, ía xogar. Despois comía unha torta con pebidas que a poñían superforte e volvía loitar contra o crime ata a noite. Sempre na compaña do coello Maro Boli, que tiña unha pistola de cenorias.

Non quedades pampos co que discurre esta xente do Pío XII? Mañá andaremos de novo polo San José de Cluny coñecendo un pouco máis a esta Super Rosa e ao seu compañeiro de aventuras.

Por certo, desta volta o deseño elixido foi o de Candela H. R. Parabéns!