0

O San Jorge puxo o ramo

10--9

Pois rematamos xa este Conto viaxeiro 2017. Xa sabemos que tedes moitísimas ganas de coñecer o final, pero, coma sempre, ímosvos facer agardar un pouquichiño :D. Nos vindeiros días publicaremos o conto! Non queda nadiña! Tede pacencia ;)

Só vos adiantamos que é moi, moi chulo e que o San Jorge non defraudou e fixo un final como se merece! Moitos parabéns a todas e todos! Fixestes un traballazo!

0

A misión do San Paio – Enma

Enma-2

Porque os coches contaminan o aire e non se sentían a gusto.

Unha ave falou con eles para encargarlles unha misión: facer que as persoas respecten os sinais de tráfico e os coches contaminen menos. Era un peto.

Roi e Miguel aceptaron preocupados e puxéronse de contado a pensar como podían facer.

Podían poñer pancartas nos avións, nas árbores e nas farolas.

Podían tapar as árbores cunha carpa.

Podían poñerlles tapóns aos tubos de escape dos coches.

Podían facer que as aves buscasen un novo fogar…

Moi interesante se puxo isto no San Paio – Enma…

Quédannos só dúas sesións para rematar o conto e xa se lle ve moito xeito a esta historia. Do remate vanse encargar hoxe e mañá o alumnado do San Jorge. Alá imos!

Os debuxos seleccionados nesta ocasión foron o de Noa, do López Ferreiro, e o de Paula, do San Paio – Enma. Vaia artistazas!

0

Xuntando apoios no López Ferreiro

AlcaldeAs nenas e nenos do López Ferreiro engadiron máis detalles e apoios á protesta dos sinais. Na Alameda xa non debía coller nin unha agulla! Mirade como segue o conto!

Así llo contou o sinal de STOP da porta do seu colexio. Recoñecérono no medio dos outros porque o pintaran todo de moitas cores: vermello, laranxa, azul, violeta…

Detrás dos sinais estaban os semáforos e as raias dos pasos de peóns, pero tamén as aves e as árbores.

Que ben o está a facer esta xente miúda!

Hoxe e mañá imos andar polo San Paio-Enma para coñecer como se resolve toda esta lea que ten paralizada a cidade.

O debuxo escollido na sesión de hoxe foi o de Carla, do Vilas Alborada. Que chulísimo!

0

Rebelión no Vilas Alborada

15052017-_DSC8345A rapazada do Vilas Alborada decidiu que os sinais de tráfico debían rebelarse e contóunolo así:

Seguíronos ata a Alameda e descubriron que os sinais fuxiran porque estaban fartos de que os vehículos e os peóns non lles fixesen caso: os peóns cruzaban en vermello e os coches saltaban os sinais de velocidade e os pasos de peóns.

E ademais de darlle este xeito tan chulo ao conto, escolleron o debuxo de Antía, do Monte dos Postes, para ir no conto final. Parabéns, Antía!

Hoxe voltamos ao López Ferreiro, a ver se alí acalman un pouco estes rebeldes… ou non ;)

0

O tráfico toleou no Monte dos Postes

12052017-_DSC8183

Cando ían cruzar o paso de peóns que hai a pé da súa casa, notaron que ao mirar para o semáforo, este esvaecíase lentamente. E as raias do chan tamén desaparecían!

Non podían cruzar a rúa. Como ían chegar ao colexio?

Continuaron pola beirarrúa ata o seguinte semáforo, pero a situación era a mesma. Miraron arredor e viron que os sinais de tráfico botaban a andar e marchaban.

Este é o relato da rapazada de 1º do Monte dos Postes. Nas dúas sesións inventaron, ilustraron e gravaron esta escena de caos circulatorio que nos achega ao no desta historia. Hoxe voltamos ao Vilas Alborada e agardamos que nos axuden a descubrir o que está a pasar.

Os debuxos escollidos nesta ocasión foron o de Alexandre, do Rodríguez Xixirei e mais o de Xabi, do Monte dos Postes. Vaia artistazas!!

0

Autobuses preguiceiros en Lavacolla

10052017-_DSC8061

O Rodríguez Xixirei estivo á altura coma sempre e os dous grupos, 2º e 1º traballaron arreo para continuar a historia e comezar a poñela interesante :) A aventura está a piques de comezar:

Todos os días vai á escola a pé canda Miguel, o seu veciño. Miguel é alto, loiro, moreno de pel e leva sempre unha chaqueta de coiro negra e azul.

Aquela mañá, cando saíu á rúa sentiu algo raro: os autobuses estaban parados todo o tempo na estrada e os coches pitaban anoxados.

E escolleron os debuxos de Carla, do Vilas Alborada, e de Marta Rey, de 2º do Rodríguez Xixirei, para ir no conto final.

Hoxe agárdannos no Monte dos Postes. Alá imos!